27/6/16

O Bloque... camiño do seu enterro. Perde máis de 25.000 votos e queda por baixo do 3%

"O BNG volveu sufrir un duro golpe. Logo dos malos resultados das pasadas xerais, perdeu máis de 25.000 con respecto a decembro e descendeu en máis de un punto o seu apoio, ao pasar do 4,32% ao 2,90%. Menos do 3% dos votos para unha formación que afronta desde hai anos un importante devalo desde que varias pólas do nacionalismo decidisen abandonar a fronte.

Con apenas 45.000 votos, o BNG volve quedar sen representación no Congreso malia centrar a campaña en por en valor o seu traballo durante décadas na Cámara Baixa, así como na decepción que para moitos votantes que o abandonar puido supoñer o traballo de En Marea.

En rolda de prensa, a portavoz nacional, Ana Pontón, admitiu os "malos resultados", pero insistiu en "seguir intentándoo" e en continuar "loitando polo proxecto nacionalista", tras destacar que a campaña para as eleccións autonómicas de outon "empeza hoxe".

Ademais, agradeceu o apoio de votantes e militantes nun "escenario claramente condicionado polo bipartidismo a catro" e no que, recoñeceu, sabía que as expectativas eran complicadas. "Eramos David contra Goliat", dixo.  (...)"            (Praza Pública, 27/06/16)

No hay comentarios: