10/1/17

De Lara investiga os datos do PC do avogado de Nené Barral, un dos homes claves na relación do PP co contrabando

"En declaracións a GC, Nogueira argumenta que “non se pode entrar no despacho dun avogado, nin a Policía nin ningún corpo de seguridade do Estado, e levarse o computador enteiro dun avogado, porque nel hai datos supersecretos, e isto vulnera o secreto profesional porque afecta a unha terceira persoa”.  O Consello acaba de dar amparo a un letrado da Coruña -sen identificalo- que denunciou precisamente isto, que a Policía, por orde de De Lara, entroulle na oficina e arramploulle co disco duro.

Por outra banda, fontes vinculadas á investigación aseguran a Galicia Confidencial (GC) que o auto de entrada e rexistro é correcto e non foi recorrido no seu momento pola fiscalía. As mesmas fontes indican que os axentes de Vigilancia Aduanera limitáronse a facer un volcado do disco duro como se fai en todos os rexistros e como xa fixo anteriomente noutros despachos de avogados. Ademais, o avogado rexeitou a posibilidade de que o decano do Colexio estivese presente no rexistro, como lle ofreceron, rexistro ao que a xuíza Pilar de Lara non acudiu persoalmente.
 Estas fontes indican que o avogado coruñés en cuestión é Carlos Seoane, imputado na Operación Zebra e letrado do polémico Nené Barral, quen fora alcalde por Ribadumia (PP), investigado por contrabando e mentor político de Rafael Louzán, ex-presidente da Deputación.

Ten que ver o denunciado coas múltiples investigacións de corrupción política que instrúe a xuíza de Lugo? O líder dos avogados galegos responde unicamente que non ten que ver coa Operación Pokemon, causa pola que seguen imputados varios ex-concelleiros herculinos.
Nogueira explica que, despois do suposto rexistro do despacho, o letrado pediu o amparo do Colexio de Avogados da Coruña, que llo concedeu. Despois o Colexio pediu a adhesión do Consello Galego, que se fai pública agora.
O presidente di descoñecer se o afectado, logrado o apoio do seus compañeiros, prefire deixar o asunto aquí ou presentar unha denuncia oficial ante o Consejo General do Poder Judicial, o órgano de disciplina de goberno dos xuíces. Isto contradí o que publica hoxe en portada El Progreso, xornal afirma que o Consello galego xa presentou unha denuncia ante o Consejo General. (...)"     (Galicia Confidencial, 05/01/17)

No hay comentarios: