14/7/17

Ferrolterra, un patrimonio histórico-artístico pendente de se pór en valor

 

"Ferrolterra conta cun pasado prerromano moi importante, onde nos podemos atopar con mámoas, castros ou calquera outro xoia arqueolóxica. Porén, non ten a necesaria sinalización informativa, co cal non se pode interpretar con xeito o que estamos vendo diante. 

Deste xeito é como esta bisbarra ten unhas insculturas pétreas [gravados en pedras en monumentos megalíticos] que moita xente descoñece, como aquelas que refere a revista eumesa Cátedra nun artigo aparecido en xuño do 1999 (nº 6), a saber: Pena Branca, entre os concellos de Monfero e Vilarmaior; Pena dos Mosqueiros en Gunxel (concello da Capela); Os Corregosos en Vilar de Mouros (A Capela) onde poderemos ver tamén Pena do Demo e Pena das Capas; Penas da Aira das Mallas (tamén na Capela) e por último a Pena do Gato situada no Couto do Gato no lugar de Ombre (Pontedeume).

No hay comentarios: