20/2/18

Buscando a onda perfecta na Costa da Morte


"Esta fin de semana a Costa da Morte tivo unha nova visita ilustre. Unha visita que comeza a repetirse, a do gran surfeiro Axu Muniain que anda sempre na procura dunha boa onda salvaxe. E a Costa da Morte xa ten demostrado que ten un mar bravío, polo que cada ano volve a esta bisbarra, en pleno temporal, para cabalgar a coñecida como onda Mutante, unha gran onda que só se pode ver nesta comarca.

Acompañouno Sebastian Steudtner, bicampeón mundial das olas XXL. Tamén contaron coa compañía do muxián Felipe Sar, gran surfeiro e coñecedor das mellores praias da Costa da Morte para coller grandes ondas. Pero, nesta ocasión, non houbo tanta sorte, e só se puideron conformar con ondas XL. O sábado foi un día completo, e conseguiron rubir grandes ondas. 

O domingo baixou o mar e cambiou o vento e non houbo sorte, e o luns probaron en Nemiña.
Desde a Asociacion de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), que patrocinou parte da viaxe do mundialmente coñecido surfeiro, amosáronse “encantados” con esta visita. 

“Pensamos que a Costa da Morte ten un potencial enorme para este deporte e consideramos que todo o que teña que ver coa práctica de deportes, así como os diferentes campeonatos e demáis eventos deportivos que se podan propiciar na Costa da Morte implican o maior coñecemento do noso entorno, e polo tanto, un aumento de visitantes no Xeodestino”, indicaron."          (Galicia Confidencial, 14/02/18. Coa colaboración de QPC)

No hay comentarios: